miércoles, 24 de marzo de 2010

"Las hilanderas"








As fiandeiras ou as tecelás de Velazquez é un cuadro composto en dous planos: a parte dianteira representa un taller de tecido de tapices e a parte posterior a unhas damas que contemplan un tapiz xa rematado no que se representa unha terceira escena co mito de Aracne (dito en poucas palabras)Fixádevos o ben que captaron a idea da composición en dous planos estes artistas de primeiro.

Un pouco de Arte.




Os rapaces e rapazas de Primeiro de Eso cando queren fan unhas cousas chulísimas.
Estivemos a traballar co punto, a liña, a percepción, o retrato, etc... e por primeira vez estivemos vendo unhas poucas obras de arte: a Gioconda, a Habitacion de Van Gogh, As Fiandeiras de Velazquez e a carta de amor de Vermeer. Non sei se lles gustou ou non, pero os resultados son moi bos.
Admirade as habitacions de Van Gogh:




miércoles, 10 de marzo de 2010

Fotografia a lápiz

UNHA OBRA DE ARTE







Eu non teño palabras, nin para disculparme por non o ter publicado antes nin para eloxiar o traballo dos meus alumnos de Cuarto de Eso:






  • Máis de dous meses de traballo.



  • Mais de setecentos (700) fotogramas.



  • Máis de 23 escenas diferentes.



  • Un guión discutidísimo.



  • Un story-board traballadísimo.



  • Unha edición e montaxe esgotadora.



Con estes ingredientes é cos que se prepara un corto de animación tan bó coma este.



Señoras e señores, con todos ustedes...









Ademais de repasar o moitísimo que saben estes rapaces da linguaxe fílmica tivemos que:




  • Organizar a idea.


  • Face-lo guión.


  • Debuxar un Story-board.


  • Estudar o movemento cunha animación de plastilina.


  • E por riba de todo reirnos.




O Cine e o video

Estivemos a aprender en Terceiro da ESO os fundamentos do Cine: gardar luz nunha película ou mesmo nunha memoria dixital e o pricipio. Despois ven gardar o movemento, rexistrar accións para dar cabida ás ideas ¡ Ai as ideas que complicadiñas son de gardar! Pensamos tamén en coma pasamos das tres dimensions da realidade ás duas das pantallas, papeis, fotos, etc. Ó final todo son rectángulos. Neses rectángulos pódese ter en conta a composición, compoñer a imaxe e un xeito de ordenar e de axeita-las cousas para que se lean coma nós queremos. O encuadre, os movementos da cámara e as "pifias" dos erros nas pelis. Fixemos un story-board para organizar a grabación. A edición deunos un pouco a lata, pero os resultados son realmente bos.

a ver os que ainda faltan ...

GRITA ¡¡¡¡¡

Impresionante a calidade dos videos dos alumnos de terceiro de ESO. Podedes ver coma fixeron un traballo estupendo contra o acoso e a violencia . Realmente bos, ben grabados e editados.

Dan un pouco de medo, pero ante o acoso e a violencia xa o sabes ¡¡ GRITA !!

¡¡ BERRA !!