viernes, 30 de abril de 2010

POEMA VISUAL 3º ESO

¡¡¡SON DE ALUMNOS/AS DE TERCERO DE ESO!!!

Ha habido quien pensaba que eran fotos de grandes fotógrafos... y es verdad!!






No parecen fotos de alumnos de 3º de ESO, ya lo sé, pero lo son.
La fotografía puede ser otro puente entre la poesía y las artes visuales.
Lo que cuesta más escribir lo podemos fotografiar.
Sabeis que este curso de 3º de ESO lo estamos dedicando a la poesía y con estos trabajos demostrais ser unos grandes creadores.

lunes, 26 de abril de 2010

Xa se me esqueceran






Os linoleos dos alumnos de cuarto a duas tintas, quedaron moi chulos.
Dali, Sorolla, Canaletto, Velázquez ou Miguel Angel non se lles resiste ninguén.

jueves, 22 de abril de 2010

A primeira animación

Esta foi a primeira animación que se fixo na aula de Plástica.
Tratábase de debuxar sempre nun mesmo papel e ir fotografiando e borrando
fotograma por fotograma.
Seguro que as vosas son moito mellores ¡Animo!
http://www.youtube.com/watch?v=-IpTK_aIrsU

miércoles, 21 de abril de 2010

Obxectos 3D





Os primeiros obxectos xa se asomaron os monitores dos alumnos de Primeiro de Bacharelato. Fixeron unha mesa. O traballo non foi tan doado coma semellaba ó principio, mais todos conseguiron crear peza a peza cada parte da mesa: asignar os materiais, luces e renderizado aprendérono á primeira.
!!Menudos deseñadores¡¡

martes, 20 de abril de 2010

LINOLEO 2

Agora toca tallar coa gubia cada unha das pranchas.






Facemos unha primeira proba de estampa e correximos os erros:

Outra proba, sempre quedan detalliños por correxir

E o resultado final:

ULTIMA HORA


Temos novas de que se ten contratado un novo actor para a super producion de CUARTO.
Foi fotografiado saindo da perruquería ¡E todo un galán!

LINÓLEO

¿Que pasaba cando non había fotocopiadora?
¿Como se copiaban as imaxes? ¿e OS DEBUXOS?
O grabado foi a solución por moito tempo á reproducción seriada de imaxes tanto artísticas coma outras.Básicamente trátase de crear un soporte que se poda estampar moitas veces sobre papeis para facer varias copias (ainda que actualmente non é necesariamente así).
Usaronse un monton de técnicas diferentes: Facer incisións sobre táboas de madeira (xilografía), sobre linóleo (linograbado), pedra (litografía)ou metais.
As pranchas metálicas máis usadas foron cinc e cobre, que permitiron técnicas sinxelas coma a "punta seca" e outras con ácedos e resinas (augaforte, augatinta, manera negra, etc)
O linóleo é unha das máis sinxelas técnicas de gravado, ainda que podemos complicala ate o límite. E unha técnica directa e en seco na que o principio consiste en tallar cunha gubia (¡coidado cos dedos!) a prancha segundo un debuxo previo, entintar e estampar nunha prensa ou nun tórculo.

Tomamos coma exemplo un cuadro fascinante de Velázquez "O aguador de Sevilla"

O primeiro paso será debuxalo e simplificalo ó noso xeito:

Despois e necesario darlle a volta á imaxe, ou saería do revés:

O seguinte paso é separar a imaxe por cores, isto é: unha prancha diferente para cada cor que queiramos no noso gravado:
...pasa a LINÓLEO 2

Viva La France et les artistes français











Xa sei que son do curso pasado, pero é que o ano pasado non tiñamos blog para colgar as fotos e agora sí.
Para celebrar que viñan os alumnos do intercambio de Francia fixemos un traballo de repaso ós artistas franceses mais coñecidos dos séculos anteriores. Cada alumno de cuarto pintou un óleo sobre lienzo interpretando a obra que mais lle gostara. Tmos Fragonards, Davides, Ingres, de todo un pouco.
Non estan todas, pero prometo volver a colgalas no instituto.

viernes, 16 de abril de 2010

O MAIOR TETRIS DO MUNDO







Os fenómenos de primeiro de ESO estan traballando arreo para rematar as derradeiras pezas do noso REQUETETETRIS. Nun esforzo final estamos, en realidade estan eles, rematando cada unha das pezas do quebracabezas mais complicado que se poda imaxinar.
Facer cada unha de esas pezas supon horas de traballo: bocetos, planos, vistas, medidas,desarrollos de cada cara, unha moea de esforzo que remata cunha peza en cartolina feita (condición imprescindible) nun só anaco de papel e coa menos cantidade de unions posible. O mellor vai ser que TODOS van ser quen de aportar a sua peza ó conxunto final.
O que se pretende é un traballo por proxecto, ou mellor dito TRABALLAR NUN PROXECTO.
O proxecto final é común pero cada ún aporta a sua peza. O tema das proxeccións diédricas pode resultar un pouco pesado pero aquí o incluimos coma un paso mais, un paso necesario para reflectir nun papel o que queremos crear.
Facer o traballo de "calderería" de debuxar o desarrollo das caras, plegados, unións e medidas e parte do proceso de FACER REAL AQUELO QUE ANTES IMAXINAMOS.
Debuxar é, as mais das veces, un paso intermedio entre a imaxe mental e o obxeto real.

Lembrade o que sempre os repito na clase: SO SE PENSA CO LAPIZ

SILENCE PLEASE

En cuarto estamos a grabar a nosa super-producción mais dificil e sofisticada.
O set de rodaxe está botando fume, mesmo o director da película (Carlos) penso que é o que mais fume bota pola cabeza. Menudo story board¡¡¡
Elisa e André adicanse á fotografía, cámara, animación, claqueta, moito traballo.
Martin e mais Hector tolean coa edición e os problemas da montaxe mentras Robert ten que apañar decorados, arreglar bonecos e "maquillaxe". Son moitas tarefas e traballo avanza paseniño pero o resultado vai ser ¡ESPECTACULAR!