martes, 20 de abril de 2010

LINÓLEO

¿Que pasaba cando non había fotocopiadora?
¿Como se copiaban as imaxes? ¿e OS DEBUXOS?
O grabado foi a solución por moito tempo á reproducción seriada de imaxes tanto artísticas coma outras.Básicamente trátase de crear un soporte que se poda estampar moitas veces sobre papeis para facer varias copias (ainda que actualmente non é necesariamente así).
Usaronse un monton de técnicas diferentes: Facer incisións sobre táboas de madeira (xilografía), sobre linóleo (linograbado), pedra (litografía)ou metais.
As pranchas metálicas máis usadas foron cinc e cobre, que permitiron técnicas sinxelas coma a "punta seca" e outras con ácedos e resinas (augaforte, augatinta, manera negra, etc)
O linóleo é unha das máis sinxelas técnicas de gravado, ainda que podemos complicala ate o límite. E unha técnica directa e en seco na que o principio consiste en tallar cunha gubia (¡coidado cos dedos!) a prancha segundo un debuxo previo, entintar e estampar nunha prensa ou nun tórculo.

Tomamos coma exemplo un cuadro fascinante de Velázquez "O aguador de Sevilla"

O primeiro paso será debuxalo e simplificalo ó noso xeito:

Despois e necesario darlle a volta á imaxe, ou saería do revés:

O seguinte paso é separar a imaxe por cores, isto é: unha prancha diferente para cada cor que queiramos no noso gravado:
...pasa a LINÓLEO 2

No hay comentarios:

Publicar un comentario