viernes, 16 de abril de 2010

O MAIOR TETRIS DO MUNDO







Os fenómenos de primeiro de ESO estan traballando arreo para rematar as derradeiras pezas do noso REQUETETETRIS. Nun esforzo final estamos, en realidade estan eles, rematando cada unha das pezas do quebracabezas mais complicado que se poda imaxinar.
Facer cada unha de esas pezas supon horas de traballo: bocetos, planos, vistas, medidas,desarrollos de cada cara, unha moea de esforzo que remata cunha peza en cartolina feita (condición imprescindible) nun só anaco de papel e coa menos cantidade de unions posible. O mellor vai ser que TODOS van ser quen de aportar a sua peza ó conxunto final.
O que se pretende é un traballo por proxecto, ou mellor dito TRABALLAR NUN PROXECTO.
O proxecto final é común pero cada ún aporta a sua peza. O tema das proxeccións diédricas pode resultar un pouco pesado pero aquí o incluimos coma un paso mais, un paso necesario para reflectir nun papel o que queremos crear.
Facer o traballo de "calderería" de debuxar o desarrollo das caras, plegados, unións e medidas e parte do proceso de FACER REAL AQUELO QUE ANTES IMAXINAMOS.
Debuxar é, as mais das veces, un paso intermedio entre a imaxe mental e o obxeto real.

Lembrade o que sempre os repito na clase: SO SE PENSA CO LAPIZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario