Mostrando entradas con la etiqueta primero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primero. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de abril de 2011

Ilustración en 1º

En primeiro de ESO adicáronlle uns dias á ilustración de contos. Historias, lendas ou recordos dos seus pais ou seus avós. Fixeron un libro (edición dixital enténdase) porque facer é outro xeito de participar no dia do libro. Digo facer, e non escribir, porque o traballo consitiu tanto na redacción coma na ilustración dos textos. A ilustrar chamábanlle "iluminar" na antiguidade e iso é o que se fai cando alumeamos un conto para axudar á imaxinación dos lectores.

martes, 15 de febrero de 2011

O maior Tetris do mundo II

Alguns dos que fixéchedes pezas das que saen aquí xa estades casados e tedes fillos.
Na animación recóllense pezas dende hai 8 años de cado unha delas os alumnos tiveron (e agora mesmo teñen que facelo os de 1º) que debuxar perpectivas, vistas diédricas, desarrollo das caras sobre un plano e construilas en cartolina utilizando únicamente un só anaco "moitas dobreces e poucas unions"

jueves, 22 de abril de 2010

A primeira animación

Esta foi a primeira animación que se fixo na aula de Plástica.
Tratábase de debuxar sempre nun mesmo papel e ir fotografiando e borrando
fotograma por fotograma.
Seguro que as vosas son moito mellores ¡Animo!
http://www.youtube.com/watch?v=-IpTK_aIrsU

viernes, 16 de abril de 2010

O MAIOR TETRIS DO MUNDO







Os fenómenos de primeiro de ESO estan traballando arreo para rematar as derradeiras pezas do noso REQUETETETRIS. Nun esforzo final estamos, en realidade estan eles, rematando cada unha das pezas do quebracabezas mais complicado que se poda imaxinar.
Facer cada unha de esas pezas supon horas de traballo: bocetos, planos, vistas, medidas,desarrollos de cada cara, unha moea de esforzo que remata cunha peza en cartolina feita (condición imprescindible) nun só anaco de papel e coa menos cantidade de unions posible. O mellor vai ser que TODOS van ser quen de aportar a sua peza ó conxunto final.
O que se pretende é un traballo por proxecto, ou mellor dito TRABALLAR NUN PROXECTO.
O proxecto final é común pero cada ún aporta a sua peza. O tema das proxeccións diédricas pode resultar un pouco pesado pero aquí o incluimos coma un paso mais, un paso necesario para reflectir nun papel o que queremos crear.
Facer o traballo de "calderería" de debuxar o desarrollo das caras, plegados, unións e medidas e parte do proceso de FACER REAL AQUELO QUE ANTES IMAXINAMOS.
Debuxar é, as mais das veces, un paso intermedio entre a imaxe mental e o obxeto real.

Lembrade o que sempre os repito na clase: SO SE PENSA CO LAPIZ

miércoles, 24 de marzo de 2010

Un pouco de Arte.




Os rapaces e rapazas de Primeiro de Eso cando queren fan unhas cousas chulísimas.
Estivemos a traballar co punto, a liña, a percepción, o retrato, etc... e por primeira vez estivemos vendo unhas poucas obras de arte: a Gioconda, a Habitacion de Van Gogh, As Fiandeiras de Velazquez e a carta de amor de Vermeer. Non sei se lles gustou ou non, pero os resultados son moi bos.
Admirade as habitacions de Van Gogh: